terça-feira, março 16, 2010

mobellas

Co nome científico de Gavia coñécese un xénero de aves acuáticas moi adaptadas ao mergullo. Poden somerxerse no mar durante varios minutos a ata 30-40 m de profundidade, en augas dóces ou mariñas. Crían en lagos e áreas de tundra de rexións boreais ou norteñas, invernando en latitudes temperadas. A especie máis frecuente en Galicia é Gavia immer, invernando arredor da centena de exemplares. En galego non ten nome popular, e tampouco en ningunha lingua ibérica.


Todos os nomes ibéricos actuais foron creados "ad hoc" ou tomados doutras especies de hábitos similares. A voz colimbo, que se rexistra en castelán e tamén en dicionarios portugueses, é adaptación do antigo nome científico Colymbus, que incluía tamén outras especies mergulladoras, como os actuais mergullóns do xénero Podiceps. Colimbo procede orixinariamente do grego, onde designaría probablemente podicipédidos, como pode consultarse no magnífico libro de ornitónimos españois de Francisco Bernis, da Ed. Gredos.


O nome mobella pensamos que debe aplicarse popularmente aos corvos mariños grandes, como acontece no occidente asturiano con mabea/mobea. Este nome, mabea, que pode oírse tamén na ría de Ribadeo, é a realización de mobella no asturleonés occidental, onde a terminación -eya é ás veces pronunciada como -ea.

Na tese de M. C. Ríos Panisse rexístranse outros presuntos nomes dos Gaviidae, como can de marzo e patoula. Sería interesante recibir comentarios e datos destas denominacións.


Porén, xa desde principio do século XX, en galego e portugués a voz mobella é reservada para os Gavia. Curiosamente este nome científico deriva do latino para gaivota. Na actualidade a Real Academia Galega recomenda escribila con v, movella. Isto é debido a que algúns etimólogos pensan que pode estar relacionado con moverse ou co movemento das alas. En todo caso non parece que teña moito éxito esta recomendación, pois mobella é forma predominante e practicamente única en textos técnicos.

















5 comentários:

José A. de Souza disse...

Hola, Miguel. Sólo apuntar que, como sabrás, William C. Tait, el célebre ornitólogo anglo-portugués, en su obra clásica "The Birds of Portugal" (H. F. & G. Witherby, 1924), recoge los vernáculos "Mobelha" para Gavia immer (de Murtosa, ría de Aveiro) y "Camilonga" y "Gallo (sic) de Cal" para Gavia arctica (de Viana do Castelo y Aveiro, respectivamente), recogiendo "Camilonga" también para Gavia stellata.

El Yepa disse...

Hola Miguel:

Magnífico blog que acabo de conocer gracias a Belén.

Respecto a esta entrada sobre los ornitónimos de los cormoranes, en Asturies se usa principalmente "cuervo marino", pero también mucho "mobella" y "mabella", y menos "mab/vea". En la comarca de Avilés también los llaman "cagones", y hay lugareños que diferencian a las dos especies de cormoranes: los Grandes son "cuervos marinos" y los Moñudos "mabellas". Incluso conocemos a un veterano que los separa por edades, llamando "mobellas" a los jóvenes de ambas especies y "cuervos marinos" a los adultos (los diferencia fácilmente porque unos tienen la barriga blanca y otros negra).

Como curiosidad, Alfredo Noval (q.e.p.d.) comentaba que "mavea" era una palabra despectiva en el oriente asturiano, similar a "bobo".

Saludines del Yepaaaaaaaaaaaaaaa

Cosme Damian Romai Cousido disse...

Ola Miguel!

Mobella é unha voz que designa inequivocamente ao Gavia no Grove, se ven é certo que un informante identificou mobella cun inmaturo de Phalacrocorax. Un informante xa falecido incluso me describiu en detalle un Gavia con rasgos de Gavia stellata que invernaba na illa de Arousa, e que denominou mobella.

Momella é unha voz aínda viva na fala de Portonovo. Non podo dicir se é exclusiva de Gavia ou se comparte con Phalacrocorax.

Apertas,
Damián

branda disse...

Extremadamente interesante, Cosme. Na miña terra nativa (Pobra)existe a voz "Mormella". Que se diga mobeya en Asturias aos corvos mariños non impide que sexa nome para Gavia. Hai centos de exemplos de nomes iguais para especies similares (ou diferentes)

branda disse...

Hola Jose. Graciñas. Si, ese foi dos motivos polo que pensei nese cruzamento de nomes entre Phalacrocorax e Gavia. Canilonga é nome ben coñecido no Miño galego para Pha. carbo. En todo caso non seríamos xustos se esixísemos moitos coñecementos taxonómicos ou faunísticos a labradores ou mariñeiros sen formación. "Gallo" non merece ningún "sic". O portugués, ata tempos recentes (mediados do sec. XX) representaba moitas consoantes duplicadas conforme ao uso latino (escribía gallo pero pronunciaba galo) Moitas gracias!