domingo, setembro 26, 2010

Cyanopica cyana

Sempre me fascinou a pega azul ou rabilongo (Cyanopica cyana). É unha ave parecida a unha pega, de alas azul claras, con cabeza parcialmente negra e corpo acastañado. Non ten poboacións reprodutoras en Galicia, pero é moi característica das devesas de aciñeira do suroeste ibérico. Antes pensábase que unha especie similar de China era a mesma, mostrando entón unha estraña distribución mundial, cunha poboación en Iberia e outra no Extremo Oriente. Hoxe en día os datos xenéticos mostran que o rabilongo ibérico e o chinés son especies diferentes.
En galego foi proposta como denominación pega azul, tomado do nome port. pega azul, de base galaicoportuguesa, voz talvez de orixe libresca. Recentemente a lista de nomes de aves lusa foi reformada dando preferencia á voz charneco, que é usada popularmente en Portugal para a especie. En galego charneco é citado como nome de Anas crecca na lagoa de Budiño. A palabra charneco podería referirse a un "individuo charlador". O charneco galego podería deberse aos reclamos de Anas crecca ou ben é variante de marreco/a, voz popular luso-brasileira de varios patos pequenos.
A pega común Pica pica é chamada pega rabilonga en bastantes lugares de Galicia e rabolongo en poucos lugares. Rabilongo foi citada como nome de Cyanopica perto de Lisboa (Portugal) polo ornitólogo William Tait. Que nome gusta máis aos lectores do blog para Cyanopica e porqué?
Grazas

5 comentários:

Alberto Rivero Saeta disse...

Eu me quedo con pega azul, os motivos serían que, ao non ter recollido un vernáculo autóctono para a especie en Galicia, parece o nome máis axeitado por que descrive perfectamente á especie, se asemella a unha pega (como ela forma parte da familia dos córvidos) é azul, esa é a cor ca que te quedas cando a ves, e pega si é un nome absolutamente galego.
Un saudo.

Juriaco disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
branda disse...

Hola Juriaco,

A ver si te puedo ayudar. El ave hace ruidos como cherre cherré y similares. De ahí nace un nombre onomatopéyico que en el caso de Portugal se utiliza en la Beira Baixa, pegado a Cáceres, como nombre para este ave. Deberías ver si tienes antepasados extremeños pues son abundantes las palabras portuguesas usadas popularmente en zonas de Extremadura. En Galicia el nombre de un pato, Anas crecca podría ser onomatopéyico, o cruce con marreco (nombre de un pato en portugués). Es difcil seguir la pista, entre el Miño pontevedr´s y el Minho portugués hay poca distancia léxica, es decir, muchas palabras comunes. En cualquier caso para algunos etimólogos charneco sería variante de charneca, y charneca es es portugués palabra común para "zona yerma con matorral" (algunos suponen que es porque el ave vive allí, en realidad no estrictamente, pero es ave más de monte, eso sí). Si me dices algo de tus antepasados podría ayudarte un poco mejor, talvez. Un saludo y gracias por leerme

branda disse...

http://www.miparentela.com/mapas/detalles/charneco.htmlo

Pues lo veo bastante claro, debe de tener relación con la palabra portuguesa. No es descartable que venga de un sustrato anterior, pues en gallego parece no existir. El portugués actual deriva del gallegoportugues medieval que se expandió hacia el sur. Saludos

branda disse...

Quiero decir que no existe charneco en gallego para la palabra común portuguesa charneco, el equivalente sería gándara (terreno yermo con matorral bajo) Salud