Cistus ladanifer é o nome científico dun arbusto de follas pegañentas e aromáticas moi característico das áreas de clima mediterráneo do oeste e suroeste ibérico. En galego é coñecido co nome esteva (ou esteba) para denominalo alí onde está presente de forma natural, como por exemplo, Valdeorras, comarca de Verín e Viana do Bolo. Esta información figura no Dicionario de dicionarios (ILG-Fund. Barrié De la Maza).
No Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega, porén, figura estepa, esquecéndose da forma popular referida anteriormente, que ademais é común co portugués esteva. Creo que aparece estepa neste Vocabulario porque foi citada tamén polo lexicógrafo Aníbal Otero nalgún punto de Galicia. Estepa é tamén un dos diversos nomes da planta en español. En Galicia óese moito máis escasa a voz xara, e curiosamente, sobre todo en zonas onde non hai Cistus ladanifer, senón outros arbustiños do xénero. Sobre se esteva é con v ou con b, non sabemos o que opina a Real Academia (Galega), pero en galego hoxe en día vese máis con v.

Sem comentários:
Enviar um comentário