quinta-feira, outubro 19, 2006

tomiños, tomillos e tomentelos

O xénero Thymus é un grupo de plantas da familia das labiadas que son especialmente frecuentes na metade oriental de Galicia, aínda que algunha especie tamén se ve en zonas baixas do territorio. En castelán chámase tomillo, e en portugués tomilho /tumillu/ - segundo os dicionarios un castelanismo que penetrou na lingua lusa-. O galego conserva unha forma autóctona de denominalo, como é o de TOMIÑO, aínda que TOMILLO é frecuente tamén no uso popular. É indicativo que TOMIÑO se manteña nas áreas de clima mediterráneo. Así, segundo a información do "Diccionario de diccionarios" (Instituto da Lingua Galega-Fundación Barrié De la Maza), tomiño sería voz usada sobre todo no SE de Ourense, na área de Quiroga, Valdeorras e Bierzo Occidental.

Foi por isto que TOMIÑO foi escollida como forma estándar nos dicionarios galegos actuais. Nas Rías Baixas coñécese o TOMENTELO, que Xosé Ramón García, na Guía das Plantas con Flores de Galicia, aplica a Thymus caespititius, estando presente nas partes baixas de Galicia. O tomento, segundo o dicionario, é unha especie de peluxe que teñen as plantas.

1 comentário:

berto disse...

Rapariguinha do gando Com que penteias o cabelo?
C'uma ervinha que há no campo, que chamam TROMENTELO ;)

Parabéns polo enfoque do blog. Tes pensado meter fotos?
Por certo, deverias permitir que os usuários não registrados também podam escrever comentários.
Saudinhos,

Miguel