domingo, junho 10, 2007

Lanius

O xénero Lanius é un grupo de aves asociadas en Europa aos agropastorais extensivos. Son pequenos predadores que se alimentan sobre todo de invertebrados. O mosaico agrícola e pastoral tradicional nun clima de afinidades norteñas , mediterráneas ou continentais(dependendo das especies) é o seu medio ideal.
En Galicia coñezo dúas denominacións populares básicas para o xénero , unha é picanzo, da área da Gudiña (SE de Galicia) e outra cascarrollo/cazcarrollo da comarca do Val de Verín, coas variantes cascorro e cascarroño na Limia e Baltar, respectivamente. A primeira tivo máis fortuna literaria, ao ser a forma escollida polo portugués (picanço) e o galego estándar para denominar a especie. Picanzo, por outro lado, é voz ben coñecida na área dos antigos dialectos leoneses, desde Zamora ata a Extremadura española, e, por tanto, é tamén o nome usado no castelán falado hoxe en día nesas terras. Cascarrolho úsase tamén en Portugal, no P. N. Peneda-Gerês.
A etimoloxía destas palabras pode estar relacionada coa actividade predatoria (picar, picanzo) ou no caso de cascarrollo talvez coa coloración, pois as cascarrias son as pelotiñas de bosta que quedan adheridas ao corpo das vacas no seu transitar do campo á corte.
Alguén dos lectores coñece alguén outro nome vernáculo máis para os picanzos en terras galegas?

6 comentários:

Cosme Damian Romai Cousido disse...

Saúdos!

nom tenho referências de vernáculos de Lanius além dos que ti apontas.

Na zona de Mirada do Douro (fala astur-leonesa), recompileu epítetos específicos para três Lanius:

LANIIDAE

Red-backed Shrike Lanius collurio > picanço pequeinho

Woodchat Shrike Lanius senator > picanço pedrés

Southern Grey Shrike Lanius meridionalis > picanço ferral

O de ferral vem, segundo o entrevistado, da força coa que te "ferra" (atrapa) co bico umha vez é capturada a ave.

Parabéns polo blog e um saúdo,
Cosme Damián

An disse...

Parece moi interesante o teu caderno, e máis agora que vou ter un cativo, ame gustar poder decirlle os nomes das prantas e animais máis a lo de sabugueiro carballo, can etc...
invitoche a pasar por
http://cgruan.blogspot.com saúdos e apertas

Marco Fachada disse...

Olá. Parabéns pelo blog. O termo Cascarrolho (tal como o Zilro), é comum em quase toda a região de Trás-os-Montes, não apenas do PN Peneda-Gerês. No blog do Xosé Ramón Reigada, encontras também alguns nomes vernáculos, quer da Galiza quer de Portugal: http://verin-natural.blogspot.com/

Marco

branda disse...

Pasouseme un nome. No traballo de Serafín González e Antonio Villarino sobre a Limia citan "Pego bravo" para Lanius collurio.

Xosé Ramón Reigada disse...

Saúdos,
tamén recollimos a variante 'Picanza', para Lanius meridionalis, no Riós, Vilardevós e A Gudiña

Xosé Ramón Reigada disse...

Saúdos,
tamén recollimos a variante 'Picanza' para Lanius meridionalis, no Riós, Vilardevós e A Gudiña