domingo, novembro 05, 2006

aguias caudais e calzadas

Aguia calzada é o nome vulgar de Hieraaetus pennatus, rapina hai anos escasa en Galicia pero hoxe algo frecuente na bacía do Miño e algunhas serras do sur e centro de Galicia. O epíteto calzada tén relación cos usos portugueses e casteláns (calçada, calzada), e fai referencia ás abundantes plumas presentes nas pernas do animal. En realidade o portugués calçada foi tomado do castelán calzada, e este, ou do inglés booted ou do francés botté. En todas estas linguas é un nome de orixe técnica, hoxe popularizada entre os adeptos á observación de aves.

En galego tense usado aguia caudal.. Descoñezo a orixe desta denominación, pero o feito que que sexa voz cultista e de que en castelán aínda hoxe signifique aguia real (www.rae.es) faime pensar que procede desta lingua, por algún tipo de erro de asignación. Nos textos antigos españois aguia caudal vese aplicada, como dicimos, á aguia real (Aquila chrysaetos)

A recomendación non pode ser outra, por tanto, ca aguia calzada.

1 comentário:

Anónimo disse...

Felicidades pola blog Branda. Era preciso unha blog así, especializada en nomes de animais e plantas, nomes que estamos a perder.
Se houbese a posibilidade de lle insetar unhas fotos sería perfecto.
Moitas grazas polo esforzo.