OILAM TREBOPALA
INDI PORCOM LAEBO
COMAIAM ICONA LOIM
INNA OILAM USSEAM
TREBARUNE INDI TAUROM IFADEM [...]
REVE TRE[...]
Inscrición do Cabeço das Fraguas escrita en lusitano, idioma de orixe indoeuropea, emparentado moi probablemente con algunha lingua prerromana dos pobos galaicos. Excepto nomes de persoas e divindades creo que non se coñecen inscricións prerromanas completas, de tal extensión, en Galicia. O texto está escrito en alfabeto latino durante a ocupación romana. Recoñecedes algún nome de animal?
segunda-feira, junho 17, 2013
terça-feira, junho 11, 2013
Testemuños de ossos portugueses
Fosilizados na toponimia, aparecen algúns ossos en Portugal, que penso que son plantígrados. Na
Peneda-Gerês, en Vila Real e en Bragança aparece a forma Osso como parte de elementos xeográficos
(Couto do Osso, Rio dos Ossos, Ribeira do Osso, Outeiro do Osso, Vale de Ossos), todos eles en territorios ursinos históricos.
No sur, na zona de Castelo Branco e a Guarda (Beira Baixa e Beira Interior), onde
tamén hai alvarizas (construcións para protexer o mel dos colmeares) hai
varios Vale dos Ursos, ainda que tamén vemos un Muro dos Ossos. En Galicia polo contrario só vexo na toponimia osos e osas, non ursos. Aparecen osos como parte de nomes de campos, fontes, penas e outros elementos en Viveiro, A Pastoriza, Pedrafita e Lubián, entre outros concellos. Tamén hai algún topónimo con oso no Morrazo, pero habería que ver realmente cal sería a súa orixe. Topónimos con urso tamén os hai na Madeira onde nunca viviu este animal, e poden estar motivados por exemplo en formas de rochas
Tamén hai outro grupo de topónimos con osso na zona centro de Portugal, en redor de Lisboa, que penso merecerían unha análise máis pormenorizada
http://toponimia.xunta.es/Buscador
http://www.igeoe.pt/igeoesig/
http://toponimia.xunta.es/Buscador
http://www.igeoe.pt/igeoesig/
quinta-feira, junho 06, 2013
osos e ursos
Oso ou urso? Cal destas formas sería galega correcta? Ben, se imos buscar ao dicionario da Real Academia Galega a voz urso este é o resultado: "este termo non se encontra no dicionario". Ora ben isto non significa que urso non poida ser considerada palabra galega. Ou polo menos con "certo carácter galego". Digo isto porque nas enquisas do Atlas Linguístico Galego (en prep.) aparece urso na Baixa Limia e nalgún punto do sur de Pontevedra.
Urso veu do portugués por vía popular? ou xa se produciu esa relatinización no galego medieval? A situación dos rexistros de urso, non lonxe de Portugal ou en zonas con emigracion histórica a terras lusas puidera ser indicativa da primeira hipótese. Descoñezo ademais a existencia de ursos medievais en textos galegos antigos, atopándose só ossos, ossas e ussas no Dicionario de dicionarios do galego medieval, formas que perviven na toponimia portuguesa.
No texto sobre a distribución histórica do oso en Portugal de Francisco Álvares e José Domingues
(www.altotejo.org/acafa/docsn3/O_Urso_em_Portugal.pdf) móstranse os indicios de presenza da especie e dita pervivencia nos nomes de lugar. Suxerentemente urso parece máis común no sur do país veciño e as citas de osso plausibles de pertencer a ursos son case fronteirizas ou norteñas en boa parte. Sería precisa, en calquera caso, unha análise máis detallada (www.igeoe.pt/igeoesig/).
É necesario anotar que un elemento que debeu precipitar o establecemento do nome urso é a equivalencia, polo menos no portugués estándar europeo, das pronuncias de osso (óso) e osso (urso).
Na toponimia galega, no entanto, só atopamos oso e osa no oriente, nos últimos redutos históricos da especie.
Na literatura en lingua galega moderna urso é unha denominación ben documentada e usada con algunha frecuencia. Ora ben, a forma popular nas zonas actuais de distribución da especie en Galicia é oso, da que dificilmente se pode probar a orixe foránea: é a voz común co asturleonés tradicional e continuadora do osso medieval.
Subscrever:
Mensagens (Atom)