domingo, abril 07, 2013

Lavandeiras e cabaliños do demos

Un interesante artigo, da autoría do filólogo Xosé Afonso Álvarez, compara as denominacións populares dos odonatos e da lavandeiras (Motacilla) en Galicia e Portugal. Podes ver aquí o resultado

http://www.geolinguistica.org/artigos/cilpr26/

 Os mapas están resumidos (as palabras indican as conexións semánticas, de significado, por exemplo, con ollo está conectada a denominación tira-olho, xeral a nivel popular en Portugal).


2 comentários:

Fitofaladoiro disse...

Resultan interesantísimas todas as entradas deste blogue.

No herbario da Universidade de Santiago de Compostela estamos preparando unha páxina que amose exemplares das coleccións científicas e permita a calquera persoa xeolocalizar as denominacións populares que coñeza para cada planta.

Logo haberá que depurar a información recompilada, do que se encargará xente do Instituto da Lingua Galega.

Para que o traballo de campo abarque o maior territorio posible pretendemos divulgalo moito entre docentes de colexios e institutos, pero por suposto tamén será benvida a información procedente de calquera outra fonte.

Así que aquí vos deixo un enlace por se interesa:

http://fitofaladoiro.eu

Fitofaladoiro disse...

Son interesantísimas todas as entradas deste blogue.

No herbario da Universidade de Santiago de Compostela andamos a preparar unha web que amose exemplares das coleccións científicas e permita a calquera persoa xeolocalizar as denominacións populares que coñeza para cada planta.

A información recompilada irá quedando a disposición do público na propia web.

Para que o traballo de campo teña a maior extensión posible pretendemos divulgalo moito entre docentes de colexios e institutos, pero por suposto tamén será benvida a información procedente de calquera outra fonte.

Así que aquí vos deixo un enlace por se interesa:

http://fitofaladoiro.eu

Un saúdo