Saiu recentemente un dicionario relacionado co medio natural en galego: o "Vocabulario Forestal". É un glosario multilingüe (galego-castelán-inglés) de termos forestais, publicado pola Universidade de Santiago de Compostela, no que se inclúen, como era de esperar, entre outras moitas voces, nomes de árbores utilizados en repoboacións forestais. Outro dicionario, que xa ten un tempo, é o novo dicionario on-line da Real Academia Galega, con moitas máis entradas cós anteriores e coa pronuncia das palabras adxunta. Inclúe algúns nomes de aves de uso en ornitoloxía, aínda que non sexan estritamente de orixe popular, por exemplo carriza dos xuncos, para Cisticola juncidis. Suponse pois, que a Academia avala esas escollas.
Sem comentários:
Enviar um comentário