O nome galego albatros procede do castelán albatros, á súa vez probablemente do ingl. albatross, e este do portugués albatroz (talvez unha das formas de dicir “mascato” en portugués popular como suxire algún nome que recollemos de pescadores, como albatróis). O dicionario on-line da RAE, curiosamente, di que albatros vén do inglés albatross e este do español alcatraz. O portugués culto albatroz (pronunciado albatrós) é sinónimo de albatros. Se entrar na discusión destas etimoloxías hipotéticas, albatros é a forma usada nas dúas listas de aves galegas usadas ata o momento, polo que é razoable considerala como forma estándar no galego común actual. Na proposta reintegracionista, obviamente, debería preferirse albatroz. Albatros non aparece no diccionario on-line da Real Academia Galega[1], pero si noutros diccionarios, como o Xerais[2]. A imaxe mostra un grupo de albatros olleirudos ou de cella negra (Thalassarche melanophris), alimentándose de descartes de pesca perto das colonias nidificantes da especie das illas Malvinas.
segunda-feira, novembro 26, 2012
albatros

Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
En relación con Diomedea melanophris quería preguntarche a túa opinión sobre as dúas denominacións que se poden documentar para ela nos dicionarios/glosarios galegos:
- albatros olleirudo
- albatros orelludo
Pensas que esta segunda pode ser un erro de transcrición?
Tamén me resulta curioso o artigo recollido nesta revista da SGHN (http://www.sghn.org/Publicacions/Paspallas/Paspallas_38.pdf) na que, despois de falar todo o tempo de "albatros olleirudo", encabezan o artigo como "albatros orelludo".
Xusto Rodríguez

Efectivamente, é un erro. Este albatros non ten "orellas", ten "olleiras"
Enviar um comentário